27.1.08

a casa da leiteira & o portiño 27/1/08

Sábado/domingo 27/28: fin de semán de A Casa da Leiteira na zona do Portiño en A Coruña. Exposición de cortometraxes, concurso de fotos encadenadas, visual art e música que foi dende os clásicos de sesión orquesta ata o lounge máis experimental.

Unha xornada que comezou con tremendo día de sol de xaneiro, perfecto para disfrutar dunha bo vermut en millor compañía, á hora previa do xantar: risas e os primeiros bailes que xa presaxiaban un bo fin de semana.

Reproducción do novo traballo de James McConeghew Opus2 co pseudónimo de Dan Hiroshi, para ambientar durante a comida; un lp cheo de sensibilidade e cargado de xenialidade que a mín por momentos recórdame a Mike Oldfield ou mesmo Jean Michel Jarre.

Tarde de timbalada e percusións varias ata chegadas as 19h onde comenzaron as primeiras proxeccións de cortametraxes e quedou inagurado o taller de manualidades, con pintura, colax e outros.


Na sala lounge foi onde se proxectaron os cortos e onde fixeron os primeiros sets O Jrilo, Frances Lerouge e Pablohoney. Encantoume especialmente a combinación de música experimental e videometraxe que presentou Pablo, moi orixinal e con un gusto exquisito.

Abaixo, ó lado do taller, ubicaríamos a zona dedicada á pista de baile. Sobre a 1 da mañá set de Frances Lerouge coas visuais primeiro de Perlssdj e Parasit despois. Gustoume sobre todo poder compartir a sesión cos dous polo distinto das ideas dun e doutro.

Despois da entrega de premios do concurso de fotografía, sobre as 3, sesión revival a cargo de Lobo y Pablohoney, unha tremenda posta en escena e unha música que nos fixo recordar vellos tempos: completamente xenial.

A iso das 5, comezaría Parasit cun set de electro e algún toque minimal, aportando vanguardia de novo á noite, e sobre as 6:30 O Jrilo pecharía a noite ós platos.




Días de festa e actividades cultura-sociais que son únicamente posibles gracias a colaboración e a participación da xente, e o bo ambiente.

Agradecemento a cada un dos que aportaron o seu gran de arena e por suposto a Adrián por lo seu xesto coa casa ;).

4 comentarios:

lobo dijo...

Inolvidable!!!

Festísima, ambientazo.

Gracias a todos os que colaboraron na organización, e ós que viñeron e participaron bailaron, pintaron, desfrutaron...

E sobre todo,o mellor ambiente e o "buen rollito", a ausencia de incidentes, todo foi como a seda.


Eu quédome con iso: a xente e o seu saber facer e saber estar. Tios sodes TODOS macanudos. E a idea de que só fai falta propoñerse algo e a decisión de facelo para que saia adiante.

Personalmente, non podía esperar un debut mellor na mesa de mezclas, que aparte de unhas boas gambadas nas mezclas (unha para ver, e outra para aprender), superou con moito as espectativas.

Un pracer traballar con PabloHoney: eres un crack.

Pois xa foi aló. Inda se falará uns dias desta festa, pero hai que pensar en seguir facendo MOVIDAS.

We've got the POWER!!

toño zhas dijo...

A verdade e que todo estivo moi ben; é sorprendente tanta axitación cultural nun sitio coma Arteixo; sorprendente; por favor, dalle as grazas aos implicados no evento, por todo. Unha electroaperta.
Parasit

pablohoney dijo...

gracias a todos polas alabanzas. vos si q sodes uns cracks. x suposto é un pracer traballar con lobo. coma sempre, encantador.

super maho. noraboa polo traballo.

e ás veces penso q aterricei onde tiña q aterrizar, en arteixo. sodes todos fenomenos.
só espero q cando non estea teña deixado algun sorriso.

unha aperta a todos!

lobo dijo...

pero non empezemos a chuparnos as pirolas ainda. queda moito por facer...