30.12.07

novo ano 2008, novos soños

31/12/2007


Ás veces a mera espontanidade provoca que se dea unha situación inmellorable para ese momento e esas circunstancias.

Fai unhas semanas, e despois de ter desaparecida a para sempre recordada Casa da Leiteira, o plan para o fin de ano 2007 era unha total incertidumbre. Fai uns cantos días chamábame Alvedro para decirme que estariamos todos xuntos recibindo o novo ano na carpa de El Gallo de Oro; o Pollo conseguíraa para esa noite.

Seremos sobre unhas 60 personas; ambente familiar, ubicación inmellorable e o equipo de luz/son da casa. Non atoparía ningunha sala nin discoteca en toda Galicia que me garantizase millor noite que a que seguramente imos pasar.

Todo listo ...

2/1/2008



Irrepetible noite para dar boa entrada ó novo ano; o bo rollo entre todo-los invitados dende a primeira copa no Manguera, fixo da velada un reencontro entrañable que recordarei ben seguro.

Foto de familia (unha familia duns 60 membros), risas e sobre as 3:30 fumos para El Gallo de Oro.
Entrar alí non para traballar senón para poñer boa música esa noite foi curioso. Os sonido e a imaxe estaban probados, polo que en cousa de 30 minutos a maioría da xente xa estaba animada.

Bailes, saúdos, risas, copas e varios pintaban unha atmósfera lúdica particular que xunto coa redecorada carpa creaban un ambiente incriblemente idílico.

Obertura coa interpretación en directo de Jimi Hendrix do "Auld Lang Syne" no Fillmore East, introducción idónea para recibir ó 2008, e primeiros beats con "Chica-Go # Jeroen Verheij (Rejected Rotterdam Rework)". Peche co "Poema # Frances Lerouge"

Gocei moitísimo da compañía e fixen música con moitas ganas, recordo a sensación do comezo coma se fose agora mesmo; sentín todo o corpo vibrar e un movemento de axitación entre o peito. Sentín como o espacio aquel tiña por momentos identidade única, todos formabamos parte daquelo e manifetabamolo como a cada un nos apetecía. Foi máxico, o que me fai recordar as sesións da Casa da Leiteira. Quédome con esas imaxes de xente bailando e sorindo, e acercándose a falar, brindar, e compartir as súas emocións: qué fortuna.

Maho fixo a intro musical cunha sesi moi axeitada para o momento. O set de Frances Lerouge durou ata as 8h e o de O Jrilo ata as 9:30 (encantoume esa música Jrilo).

Iso foi a despedida do 2007 e a acollida cos brazos ben abertos do 2008: novo ano, novos soños.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Feliz año, Magín.

Últimamente estoy fascinado con tus producciones. La sesión del maratón navideño me encanta y los temas que tienes colgados aquí o en tu myspace son tremendos. Me encanta sobre todo el sonido ambient que le das a tus creaciones.

Sigue así porque vas a llegar lejos. Mucha mierda este año, crack. Tengo más ganas que nunca de ir a verte a tu residencia mensual.

DJ-MAT